C
ciberseguridade

  • Por que facemos esta guía? Vivimos nun mundo que, coa súa parte boa e a súa parte mala, vaise movendo cara o lado dixital a pasos axigantados, e en ocasións deixando a moita xente atrás. Este mundo dixital, ao igual ca o presencial, tamén ten unha serie de riscos dos que protexerse. Moitas de vós quizais tedes a esa persoa de confianza (filla, sobriña, amiga...) a quen consultarlle dúbidas ou pedir consello en cousas relacionadas coas tecnoloxías da información (TIC), pero non todo o mundo ten esa opción. É por iso que facemos esta guía, explicando de forma clara e detallada como podes mellorar a túa seguridade dixital, teñas ou non coñecementos previos de ciberseguridade. Antes de comezar, é importante ter claro que a seguridade absoluta non existe, e sempre hai risco. O que podemos facer como persoas usuarias é poñer barreiras que nos protexan.

    Esta é unha guía dinámica. É dicir, irémola actualizando a medida que nos vaian chegando suxestións. En https://i.gal/autodefensadixital poderás consultar sempre a última versión da guía

    Updated
    Updated